Excmo. e Rvdmo.
Sr.D. José Diéguez Reboredo
 
 

Residencia Episcopal
Dr. Corbal 88-36207Vigo
Tfno: 986.37.46.47 - Fax: 986.37.17.30
Despacho Oficial:
Tfno: 986.37.51.53 - 986.37.64.53

BISPO

   Monseñor Xosé Diéguez Reboredo naceu en San Miguel de Enquerentes, archidiocese de Santiago de Compostela, provincia de A Coruña, o día 25 de abril do ano 1934, membro dunha familia numerosa. A idade temperán, ingresou no Seminario Menor de Santiago de Compostela. Terminados seus estudos neste, pasou ó Seminario Maior, sendo ordenado Presbítero polo Cardeal Quiroga Palacios o 13 de agosto de 1961.
  
Posteriormente perfeccionou os seus estudos eclesiásticos en Salamanca, e máis tarde  licenciouse en Ciencias Matemáticas na  Universidade Compostelá.
 
  Foi Coadxutor (Vicario Parroquial) da Parroquia coruñesa de San Xosé, pasando mais tarde ó Seminario Menor, onde desempeñou o cargo de Director Espiritual, e posteriormente, Profesor de Matemáticas.

Mons. Suquía, Arcebispo de Santiago, nomeouno Pro-Vicario Xeral; e en 1983, Canónigo da Basílica Metropolitana.
   O día 1 de setembro de 1984 foi nomeado Bispo de Osma-Soria, sendo consagrado en Burgo de Osma o 28 de outubro do mesmo año.
   O 14 de maio de 1987 fíxose público o seu nomeamento como Bispo de Ourense, tomando posesión solemne o 27 de xuño seguinte.
   Coa data 7 de xuño de 1996, a Súa Santidade o Papa Xoán Paulo II nomeouno Bispo de Tui-Vigo, Sede que estaba vacante por teren aceptado o Romano Pontífice a renuncia presentada por Mons. Xosé Cerviño Cerviño unha vez cumprida a idade canónica.
   Mons. Diéguez Reboredo tomou posesión da Diocese de Tui-Vigo na Catedral de Tui, o domingo 14 de xullo de 1996, e fixo a súa entrada na Concatedral e presentación na cidade de Vigo o venres seguinte, 19 de xullo.
 
  Na Conferencia Episcopal Española, Mons. Diéguez Reboredo é Vocal da Comisión Episcopal de Bispos e Superiores Maiores, e da Comisión Episcopal de Relacións Interconfesionales.

 
     
 
Bispo Emérito. Prema aquí