DON XOSÉ CERVIÑO CERVIÑO
Bispo Emérito da Diocese de Tui-Vigo

Naceu en San Cibrán de Aldán (provincia de Pontevedra, archidiocese de Santiago de Compostela) o día 21 de Agosto do ano 1920.
Foi ordenado sacerdote en Santiago de Compostela o 6 de Abril de 1946. O 4 de Xunio de 1968 a Súa Santidade Paulo VI nomeouno Bispo Titular de Benepota e Auxiliar de Santiago de Compostela; foi ordenado Bispo en Santiago de Compostela o 28 de Xullo de 1968.
Na vacante da Sede compostelá ( de Decembro de 1971 a Abril de 1973) rexiu a Diocese coma Vicario Capitular, con facultades de Bispo residencial.
O 20 de Maio de1975 foi nomeado Administrador Apostólico de Tui-Vigo.
 

Tomou posesión, por Procurador, o 9 de Xuño de 1975, e fixo a súa entrada o 21 do mesmo.
O 8 de Novembro de 1976 Paulo VI nomeouno Bispo de Tui-Vigo. Coma tal, tomou posesión da Diocese na Catedral de Tui o 18 de Decembro de 1976.

Logo de vinteún anos de servicio pastoral nesta Diocese, o 7 de Xuño de 1996 foi aceptada polo Romano Pontífice a renuncia que, por acadar a idade canónica, oportunamente presentou.

Dende o 7 de Xuño ata o 14 de Xullo do 1996, no que tomou posesión o novo Bispo, Mons. Cervño Cerviño rexiu a Diocese coma Administrador Apostólico con tódolos dereitos e prerrogativas que competen ó Bispo Diocesano.

Na Conferencia Episcopal Española, Mons. Cerviño é vocal da Comisión Episcopal de Liturxia e da Comisión Episcopal para o Patrimonio Cultural