Parroquias>Parroquias por orden alfabético

SAN XOÁN DE ALBEOS

Arciprestado San Martiño
Igrexa de Albeos

San Xoán de Albeos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 612 habitantes (307 mulleres e 305 homes), distribuídos en 25 entidades de poboación.

Igrexa de estilo románico aínda que con numerosas reformas posteriores.

Da súa primitiva fábrica románica tan só conserva a portada principal e os beirados dos muros laterais datados a finais do século XII.

Festividade de San Xoán: 24 de xuño