|
SANTA BAIA DE ALCABRE |
Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Comesaña e Navia
Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.
ACTIVIDADES PASTORALESO novo templo parroquial é do ano 1997, data da súa consagración e dedicación. No templo antigo: no arco do presbiterio aparece o ano 1708, aínda que penso que hai unha capela lateral, que é anterior e probablemente foi a que deu orixe ao templo actual.