|
SAN XOÁN DE AMORÍN |

San Xoán de Amorín é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra.
Segundo o IGE en 2005 contaba con 1.188 habitantes (631 homes e 557 mulleres).
A igrexa de San Xoán de Amorín foi construída no ano 1780. Presenta trazos barrocos, pero conserva o carácter románico. Con anterioridade estaba emprazada no barrio de Baceiro. Na actualidade atópase nunha explanada arredor do adro. Alí érguense árbores de distintas especies. Este recinto está presidido por un cruceiro de 1900. Para máis información desta parroquia visitar o apartado de arciprestados.