Parroquias>Parroquias ordenadas

SANTO ANDRÉ DE ANCEU

Arciprestado Redondela Oitavén

Santo André de Anceu é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas

Capela de Guadalupe

Polos documentos do Arquivo parroquial e outros da España Sagrada dedúcese que esta parroquia é anterior ao século XVI.

É eminentemente rural. A ganadería e a agricultura os seus únicos medios de sustento. Isto obriga a unha pronta emigración primeiro a Castela nos séculos XVIII e XIX. Máis tarde a Braganza (Portugal) e a Lisboa. A principios do XX a Brasil e a mediados a Alemania e Suiza... co consiguiente descenso de poboación, que actualmente non alcanza as 200 persoas (maiormente xubilados e viudas).

A igrexa parroquial e a súa contorna, perfectamente restaurado é unha mestura de barroco, neoclásico e un retablo gótico que nos fala das distintas épocas e restauración que experimentou aos longo destes catro séculos.

ACTIVIDADES

CULTO

Funerales, vodas, bautizos. en días e horas acordadas.

Misas cantadas co pobo domingos e festivos.

Misas rezadas os mércores e venres en horario fixo.

Novenas solemnes das Dores, San Andrés e Ánimas

ACTIVIDADES PASTORALES

Catequesis os domingos cando hai pícaros para primeira comuñón ou confirmacións.

Atención a enfermos e necesitados, cando o solicitan.

Charlas preparatorias prebautismales e prematrimoniales.

Diálogo frecuente cos feligreses en xeral ou con algún particular, se o desexa