|
SAN PEDRO DE ANGOARES |

San Pedro de Angoares é unha parroquia que se localiza no concello pontevedres de Ponteareas na comarca do Condado.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 482 habitantes (253 mulleres e 229 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación.
A igrexa de San Pedro de Angoares é do século XII. A súa orixe hai que buscala
nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde
construiríase a igrexa románica. Ten planta de cruz latina e testeiro recto,
destacando os seus capiteis e a magna colección de canzorros antropomorfos e
zoomorfos. Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a
súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu
logo dunha reforma feita no ano 1900
ACTIVIDADES PASTORALES
* Catequese de nenos e Primeira Comuñón: Os domingos despois da Misa.
* Catequese de Confirmación: Reunión semanal durante dous anos.
* Charlas Pre-Bautismales.