|
SANTA MARÍA DE AREAS |
Santa María de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.091 habitantes (566 mulleres e 525 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación.
A parroquia foi entregada á Igrexa de Compostela polo Rei Afonso III, nos anos 893 e 899. A igrexa de Santa María de Areas foi levantada en 1878, nela que sobresae un retablo de pedra adicado á Virxe das Dores e da Paixón do Señor, obra do canteiro José Cerviño García.