|
SANTA MARIÑA DE AREAS |

Santa
Mariña de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o
padrón municipal de 2004 tiña 742 habitantes (371 mulleres e 371 homes),
distribuídos en 7 entidades de poboación
A parroquia, situada á beira do río Miño, aparece documentada en 1112, na doazón
deste lugar á igrexa de Tui por parte da raíña dona Urraca. En 1095 aparece
documentado o lugar de Anta.
A súa igrexa parroquial foi reedificada no século XIX. O pazo de Bouzabalada, reconstruído en 1790 segundo unha inscrición na súa entrada, conta cunha ermida adicada á Nosa Señora das Maravillas.