Parroquias>Parroquias ordenadas

SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA

Arciprestado de Montes-Mondariz

San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 517 habitantes (273 mulleres e 244 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación

O templo da parroquia de Barcia de Mera, data do século XVIII, contén sete retablos de gran valor artístico

Un deles, de estilo barroco, preside o altar maior, e os outros  distribúense entre o corpo da igrexa e as capelas laterais.