|
SANTO ESTEVO DE BEADE |

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo.
Limita coas parroquias de Bembribe, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André.
Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e 5.501 veciños (2003).
ACTIVIDADES PASTORALES:
Catequesis para a primeira Comuñón e confirmación (dous grupos) os sábados e domingo ao longo do curso escolar.
Celebracións da penitencia en Advento, Cuaresma e Pentecostés.
Preparación do Nacemento polos nenos do grupo de primeira Comuñón.
Recollida de alimentos non perecederos para as familias pobres de Beade.
Celebracións de Santa Ana e San Xoaquín, a Virxe do Carme e San Antonio.
GRUPOS
Grupo de catequistas para Confirmación, primeiras Comuñóns, postcomuñón e Confirmación.
Voluntariado de Cáritas,..
DATOS
O libro 1 do Bautismo ten data de 1581-1597, o de visitas 1584 - 1612; o de Fundacións vai de 1606 - 1660; o de casados de 1600-1650; o de difuntos é de 1600-1643.
O Templo é de estilo funcional, cunha imitación na reforma de 1910 de bóveda gótica de ladrillo, polo que houbo necesidade de poñer catro contrafortes. Ten unha torre de dous corpos con catro campás laterais.
O templo ten dúas sacristías tendo todo o edificio forma de cruz. O coro é amplo e con varandilla de madeira noble e forte. Hai un pequeno folleto no que se describe ata 24 toques diferentes das campás memorizados todos por sistema electrónico.