|
SANTA MARÍA DE CASTRELOS |
ACTIVIDADES PASTORAIS
DATOS HISTÓRICOS:
A Igrexa foi construída no ano 1216 segundo consta nunha inscripción. Pertenceu a encoméndaa de Beade, da orde militar de San Juan de Malta. O arquitecto do templo foi o mestre Rodrigo que tamén levantou a de Bembibre e Lavadores no ano 1.201. Os retablos laterales son churriguerescos do século XVIII. A xursidición desta igrexa estaba a cargo do comendador de Beade (Ourense) que por medio dun delegado a visitaba cada seis anos. Trátase dun románico cunha beleza artística sobresaliente.
A igrexa pertenceu, pero non se sabe o comezo do dominio, a encomenda de Beade, da Orde Militar de San Juan de Malta. É dunha nave e un ábside semicircular.
A fachada occidental ten unha porta de arco apuntado, rematada por unha chambrana de billetes e tres arquivoltas, decoradas con follas e flores. O tímpano, monolítico, está decorado cunha cruz patada e seis árbores. Apéanse as arquivoltas en tres pares de columnas de fustes dunha soa peza e capiteis e baseas entregas, os capiteis decorados con follas picudas. O tímpano sopórtase por dous mochetas, unha en perfil de nacela e a outra decorada cunha cabeza humana. Sobre a porta ábrese unha fiestra de arco semicircular, rematada cunha chambrana de billetes e unha arquivolta en arista viva, sostida por columnas monolíticas con capiteis de follas con pomas. A fachada sur ten unha porta e dúas fiestras sobre ela.
A porta é de dobre arquivolta decorada con flores e apeada en columnas de fustes monolíticos, capiteis e baseas entregas, tímpano sostido por mochetas. As ventás apuntadas do mesmo xeito que a porta, dunha arquivolta en baquetón decorada con tallos, columnas con fustes monolíticos, e capiteis e baseas entregas, tímpanos decorados, un con flores e o outro con cruz patada.
A fachada norte ten unha porta de arco apuntado sobre dous pares de columnas con capiteis de follas en espiral.
O tímpano sobre mochetas en nacela, cunha cruz inscrita nun círculo. Encima da porta ábrense dúas saeteras de derrame interno.
Os beirados teñen canecillos postizos, vinte e dous por cada lado, de diversos temas pero moi estropeados.
O ábside consta dun tramo recto e un sector semicircular, sen columnas que o dividan. Un contrafuerte por cada lado, sinalan a posición do arco fajón interior.
Na parede do hemiciclos abren tres pequenos rosetones, con chambrana de billetes e arquivoltas con arquitos de herradura, no seu interior unha celosía de pedra con catro lóbulos.
No interior, o arco triunfal é apuntado e dobrado coas aristas rematadas en baquetón e as dovelas decoradas con flores, apoiados en dúas pilastras con capiteis decdiocesetuivigo.orgorados con follas. Sobre o arco unha saetera decorada tamén con flores.
Un segundo arco fajón levántase paralelo ao triunfal, soportado por dúas columnas de capiteis decorados con follas. Os ábacos de media cana, se impostan ao longo de todo o ábside. Os pequenos rosetóns teñen no seu interior unha chambrana