Parroquias>Parroquias ordenadas

SAN MIGUEL DE CEQUELIÑOS

Arciprestado de San Martiño

San Miguel de Cequeliños é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo.

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 214 habitantes (97 mulleres e 117 homes)

Bañada polo Miño e a pouco máis de catro quilómetros da capital do municipio. San Miguel de Cequeliños conta con casas blasonadas de extraordinaria importancia, como é o caso da Torre Moreira, a casa blasonada de Mandelos, a casa de Burines e a casa de Cigarreira.