![]() |
Localización: Provincia de Pontevedra. Comarca: O Baixo Miño. Concello: Tui. Parroquia: Tui. Rúa: Praza de San Fernando

Horario
de visita:
A Catedral de Santa María constitúe o máximo expoñente da riqueza artística da cidade de Tui. A súa construción foi iniciada no século XII, en pleno románico, correspondendo a este estilo a súa planta, portada norte e a magnífica iconografía dos capiteis. Ao gótico pertence a fachada principal, unha das primeiras obras deste estilo realizada na P. Ibérica.
Este templo foi consagrado polo Bispo Esteban Egea en 1225. Xa no seu interior destaca o retablo da Expectación e o altar relicario da Capela das Reliquias, ambos os dous do século XVIII.
Na capela maior está situado o coro realizado en 1699 por Castro Canseco. Tamén no interior do templo, na antiga Capela de Santa Catalina, atopa o Museo Catedralicio coas pezas do tesouro catedralicio, entre os que destacan o copón de coco do século XV e o talle da Virxe, coñecida como a Patroa, datada no século XIV, así como un fragmento do primitivo Retablo Maior de pedra calcaria de 1520.O claustro, único orixinal conservado nas catedrais galegas, é unha soberbia obra do gótico.
Destacar por último a espléndida paisaxe que se contempla dende o torreón dos Sotomayor así como a primitiva Sala Capitular románica do século XII.
Recursos asociados: Fachada Occidental. Arquivo Histórico Catedralicio. Museo Catedralicio
Distancias: Estación de autobuses: 30. Estación do tren: 30. Aeroporto: 30. A Coruña: 169. Santiago de Compostela:107. Pontevedra: 48. Lugo: 199. Ourense 104. Vigo: 30 kilómetros
|
Diocese de Tui-Vigo |