Parroquias>Parroquias ordenadas

A NOSA SRA. DE FÁTIMA

Arciprestado de Vigo Casablanca

Destaca na fachada deste templo unha torre esvelta. Toda ela está realizada en cantería. O interior destaca pola súa ampla capacidade, preto de 500 persoas sentadas e o seu retablo. Este templo consta dun mosaico no retablo, obra de Santiago Padrós y Elias. Nel represéntanse os principais misterios da Cova de Iria.

No centro, a Virxe (que é imaxe exenta) está sobre a árbore da aciñeira como nas súas aparicións de 1917; a un lado o anxo que, un ano antes, en tres ocasións, se lles aparecera aos tres pastorciños –Lucía, Xacinta e mais Francisco– preparándoos para o encontro coa Nosa Señora; ao outro lado, abaixo, os videntes, e, en altura, recóllese o fenómeno da danza do sol, ocorrido o 13 de outubro de 1917, visto por unhas cen mil persoas, varios miles delas a non poucos quilómetros de distancia.

Retablo

ACTIVIDADES PASTORALES

  • Novenas: Fátima (Maio e outubro)
  • Rezo do Santo Rosario media hora antes de cada misa, excepto os domingos.
  • Exposición do Santísimo os luns, martes mércores de 19:00 a 19:45. Os xoves de

  • 16 a 18:15. Os domingos de 17:30 a 18:15.
  • Confesións: Antes, durante e despois da Santa Misa.
  • Catequesis de Primeira Comuñón os domingos de 11:45 a 12:30.
  • Catequesis de Confirmación os venres de 17:15 a 18:15.
  • Adoración Nocturna masculina
  • Adoración Nocturna femenina
  • Grupo Bíblico
  • Legión de María

  • Archicofradía de Fátima
  • San Vicente de Paul