|
SANTA MARÍA DE GARGAMALA |
Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 433 habitantes (237 mulleres e 196 homes)
Igrexa parroquial construída no século XVIII, 1752, polos Condes de Salvaterra,
como dá boa conta un escudo de armas situado no testero da capela maior, que se
presenta como unha das partes máis destacadas do edificio pola súa forma
almenada. No interior da Igrexa cabe resaltar as interesantes pinturas murais
que datan da mesma data de edificación do templo, impregnadas dun barroquismo
digno de admirar.
O día 6 de
agosto na capela de Mourelle festa do Duce Nome.
O último domingo do mes de setembro festa en honor a Virxe das Dores na
igrexa parroquial.