|
A
INMACULADA CONCEPCIÓN DE SANTA MARÍA (a 1970) |
HORARIO DE DESPACHO:
Luns - venres e sábados de 10:30 a 12:00 . Mércores 20:40- 21:45.
Para solicitar certificados, encargar Misas e outros servicios parroquiais pódese facer na Igrexa antes e despois das Misas. Entrada o despacho: Rúa Toledo. Éntrase rodeando a igrexa pola dereita
ACTIVIDADES PASTORALES:
Santo Rosario:Tódolos días ás 19:30.
O día 11 de cada mes- se coincide en domingo pas o día 10- rosario polos enfermos.
Exposición do Santísimo e Preces polas vocacións sacerdotais:Tódolos xoves e primeiro venres de mes ás 19:30
Catecismo: Domingos de outubro a xuno ás 11:00 da mañá.
Pre-comuñón.
Primeira Comuñón (dous cursos 2 e 3)
Post- Comuñón.
Confirmación: O Inicio de curso acórdanse os días e horario para cada grupo. Duración dous cursos
Retiro Espiritual: Terceiro xoves de mes ás 19:00 h.
Bautismos: Segundos e cuartos domingos de mes e outros días segundo as necesidades.
Confesións: Tódolos días (Domingos de 9:30 a 13:30 e laborables de 18:00 a 20:30)
REUNIÓNS DE GRUPOS PARROQUIAIS:
Conferencia de San Vicente Paúl Semanal O xoves ás 18:30
Pastoral Sanitaria Quincenal Os luns (inverno ás 18:00 h. Verán ás 19:00 h.)
Vida Ascendente Semanal Os mércores ás 18:00 h.
Catequistas Mensual Os terceiros venres ás 21:00 h.
Grupo Bíblico En formación
Taller de Oración e Vida Semanal Grupo 1: venres ás 18:00 h. Grupo 2 : domingo ás 17:00 h.
Convivencias de Confirmación Trimestral Con datas a determinar
DATOS:
Foi creada no ano 1947 polo entón Bispo de Tui, Frei José López Ortiz, co título de San Pelayo, posteriormente denominouse San Pelayo e San Telmo; e finalmente A Inmaculada Concepción de Santa María.
O primeiro sacerdote encargado foi D. Serafín Martínez Alonso, Párroco de Santa Cristina de Lavadores, de cuxo territorio se segregou o desta; atendeuna durante dez anos.
Comezou nun baixo habilitado para lugar de culto no Seijo (R/Ramón Nieto) ata a inauguración do novo Templo (R/Toledo, 5) que foi bendicido e consagrado o Altar o día 12 de abril de 1970, sendo Bispo da Diócesis Mons. José Delicado Baeza.Interveu tamén no acto Mons. José Cerviño Cerviño, entón Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela. A D. Serafín Martínez sucedeulle D. Benito Castro Nogueira que foi o impulsor do Templo Parroquial e da Parroquia.
De parte do territorio desta Parroquia, pasados os anos, creáronse as de San Juan do Monte e San Paio de Lavadores.
O Templo Parroquial é unha obra vanguardista de finais da década dos sesenta do arquitecto Antonio Román Conde que se inspirou nun proxecto de Le Corbusier ideado para a multinacional holandesa Philips, proxectando unha igrexa a base de láminas de hormigón que lle dan un aspecto de "xigantesca tenda india", en palabras da Guía de Arquitectura de Vigo. Un Templo que, como unha gran peza de papiroflexia, cobre unha superficie de 888 metros cadrados, 1125 cubertos e 700 asentos, onde o material predominante é o hormigón cuberto de verniz de silicona. Os arquitectos colaboradores foron: Ricardo Urgoiti e José Ruiz Castelo. Os aparejadores: Pedro Román Conde e Pedro da Ponte Álvarez.
A obra foi realizada pola empresa Construcións laminares S.L. de Madrid.
A Parroquia conta cun complexo parroquial comunicado co templo, inaugurado no ano 2004 con salóns para catequesis e todo tipo de actividades pastorales, despachos parroquiales, atención ao servizo de Caridade e vivenda para os sacerdotes. O párroco actual é D. Manuel Salcidos González e o Vicario Parroquial D. Victoriano Tizón Montenegro.