|
SAN SALVADOR DA LAMA |

San Salvador da Lama é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 644 habitantes (331 homes e 313 mulleres)
Por diversos documentos consta que esta parroquia é anterior ao século XVI. Típicamente rural e de montaña. Cabeza de Municipio.
Os comercios e varias pequenas empresas proporcionan aos seus habitantes os medios necesarios de subsistencia. A sua poboación descendeu por mor da emigración da xente nova ás cidades de Vigo e Pontevedra. O número de habitantes rolda os 600.
A Igrexa parroquial data do século XVII como ampliación dunha Capela da Cofradía de San Salvador. Concluiuse a mediados do século XVIII, con posteriores restauracións. Está toda ela construída en granito.
As capelas do Castro e a de Santa Ana, de bela factura, de granito, foron
levantadas a principios do século XX coa axuda do pobo
ACTIVIDADES PASTORALES
Mes do Sagrado Corazón de Jesús na capela do Castro
Novena de Santa Ana, na Capela de Santa Ana, ás 9
Catequesis os domingos durante o ano e todos os días durante o mes de xuño, antes das primeiras comuñóns.
Atención a enfermos e necesitados, cando o solicitan.
Visita a impedidos polo menos unha vez ao ano.
Charlas cos pais dos nenos, antes do bautismo.
Cursiños prematrimoniales cada tres meses, se hai vodas proxectadas nas parroquias ao meu coidado.
Diálogo frecuente cos delegados dos distintos barrios, co fin de informarnos da marcha da parroquia.