Parroquias>Parroquias ordenadas

SAN PEDRO DE MATAMÁ

Arciprestado de Vigo Santo-André

ACTIVIDADES PARROQUIALES

Diariamente, ás 18:15: Rezo del Santo Rosario (no verán 19:15)
Terceros venres de Mes, ás 22:30: Vixilia A.N.E.
Catequesis infantil e xuvenil: Dende Primeiro de Primaria ata a Confirmación en distintos días e horas segundo as idades.
Formación catequesis de adultos:
Os venres de 20:00 a 21:00(i) e de 20:30 a 21:30 (v)
Grupo de Formación Bíblica (alternando co seguiente)
Grupo de Form Litúrgico-Catequética (altern. co anterior)
VIDA ASCENDENTE:
Reúnense os Luns ás 17:15, no Salón Parroquial
Ademáis:
CÁRITAS PARROQUIAL
Turno Parroquial da Adoración Nocturna Masculina
 Grupo de Catequistas
 Grupo de Limpadoras e “Camareiras” de servicio do templo
 Grupo de colaboradores “San Mauro”, que cooperan en todalas tarefas relacionadas coa
 Romería e o culto de San Mauro.
 Grupo de Liturxia (en formación o mesmo tiempo que xa actuan)
 En formación, próximos a constituirse formalmente:
 Consello Parroquial de Economía e Pastoral –xa funciona “en embrión”–
 Grupo de asistencia e salud a ancianos e enfermos. (dando os primeiros pasos)


ROMARÍA DE SAN MAURO

1.- Cada 15 de Xaneiro celébrase en Matamá a TRADICIONAL ROMARÍA DE SAN MAURO, con grandísima afluencia de fieis procedentes de toda a diocese e aínda de fóra dela, especialmente do Morrazo.
Os actos da Romaría comezan coa Novena, que se inicia o día 7, trasladando a imaxe do santo da súa ermida á Igrexa Parroquial, para devolvela á súa capela a véspera da festa.
Esta Romaría ten, ademais, a particularidade de que a súa celebración prolóngase durante todos os domingos que van do 15 de Xaneiro ao domingo anterior ao Mércores de Cinza, sendo a asistencia de fieis de similar afluencia que o propio día de San Mauro

2.- Festas Parroquiais en honra de NOSA SRA. DAS NEVES. O día propio é o 5 de Agosto. Celébrase con toda a solemnidade, con rango de Festas Patronais. A súa novena comeza o 27 de Xullo, para terminar o día 4 de Agosto coa celebración de Vésperas Solemnes. Ademais, celébrase tamén o domingo máis próximo ao día 5. Ambos os días hai Misa Solemne e procesión. A "Virxe das Neves" é obxecto de grandísima devoción entre os fieis da Parroquia, ata o punto de que o máis normal é que todos aqueles que por unhas ou outras razóns xa non residan aquí, ese día non faltan á celebración da súa "Festa das Neves", sendo polo tanto, días de reencontro de familiares e amigos que en moitos casos só ven con esta ocasión.

3.- Festa de SAN PEDRO: É o titular da Parroquia e, aínda que no pasado parece ser que se celebraba bastante, nos últimos tempos había decaído ata case desaparecer como celebración Parroquial. Desde fai algúns anos vimos dándolle un carácter de FESTA DA FAMILIA PARROQUIAL, coa participación activa de todos os grupos da Parroquia, celebrándoa con toda a solemnidade, coa súa novena, Vésperas Solemnes, e Misa Solemne seguida de procesión o 29 de Xuño. Ao seu termo celebramos o día en convivencia fraterna con diversos actos, merenda compartida, etcétera., dándolle o carácter de "festa familiar" e de convivencia.

Historia da ermida de San Mauro