|
STA. BAIA DE MONDARIZ |
Igrexa
parroquial construída a mediados do século XVIII. Mostra do estilo neoclásico, a
fachada principal remata nunha esvelta e señorial torre-campanario de dous
corpos que contén 4 campás de bronce. A planta é de cruz latina e cóbrese cunha
bóveda de pedra de cantería labrada, imitando ao gótico no corpo da igrexa e
sancristía. O presbiterio presenta un estilo Neoclásico puro. No seu interior
garda cinco retablos, dous deles situados nas capelas laterais de estilo
neoclásico, outros dous no corpo da igrexa (un de estilo tamén neoclásico e
outro máis moderno) e o quinto sitúase ao fondo, no presbiterio, presidindo o
altar maior sendo de estilo barroco.