Parroquias>Parroquias ordenadas

SAN CRISTOVO DE MOURENTÁN

Arciprestado de San Martiño

Igrexa de San Cristovo de Mourentan San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 685 habitantes (322 mulleres e 363 homes)

A Igrexa parroquial de San Cristóbal de Mourentán na súa primitiva fábrica foi conventual. O actual templo é de época barroca con torre de claro gusto neoclásico sobre base cúbica.

Na fachada principal sobresae a sinxela portada con arco de medio punto e sobre ela unha hornacina con frontón semicircular que cobre a figura dun santo.

Presenta contrafortes laterais e aínda conserva un escudo dos Sarmiento pertencente a unha capela ou enterramento dalgún membro de tan ilustra familia que eran donos do Pazo de Pombeiro.

A nivel interior destacar un fermoso altar así como a bóveda de mampostería que cobre o teito do presbiterio.