![]() |
Localización: Provincia de Pontevedra. Comarca: O Baixo Miño. Concello: Tui. Parroquia: Tui. Rúa: Praza do Concello
|
|
Horario de visita: |
|
Está situado no antigo edificio do Hospital
de Pobres e Peregrinos inaugurado no ano 1756. Conta con tres plantas,
capela e patio interior. A colección permanente consta dunha sección de
arqueoloxía con pezas de gran valor histórico como un sarcófago romano, un
casco celta do século III - II A.C. atopado en Caldelas de Tui e numerosas
pezas arqueolóxicas procedentes de escavacións na zona.
A sección de Arte Sacra conta con obras procedentes de igrexas da
Diocese Tui-Vigo, entre as que destacan a escultura do Cristo románico do
século XII ou a arca eucarística do Monumento do Xoves Santo que procede de
O Porriño, realizada en prata no século XVII.
Finalmente na sección de pintura e escultura pódense atopar pezas
tan interesantes como a imaxe da Virxe co Neno do século XVI, atribuída a
Juan de Juni ou a Virxe da expectación tallada por Alonso Martínez de
Montánchez en 1602
Destacan os cadros da Inmaculada inspirado nas Inmaculadas de
Murillo e os retratos dos Bispos dos séculos XIX e XX.
Entre toda a colección do Museo destacan os "Sambenitos", grandes
pezas de tela do século XVII que son a testemuña das penitencias impostas
polo Santo Oficio aos herexes reconciliados coa Igrexa. Estas pezas son
únicas no Estado Español.
Distancias: Estación de autobuses: 30. Estación do tren: 30. Aeroporto: 30. A Coruña: 169. Santiago de Compostela:107. Pontevedra: 48. Lugo: 199. Ourense 104. Vigo: 30 kilómetros.
|
Diocese de Tui-Vigo |