Parroquias>Parroquias ordenadas

PORRIÑO, SANTA MARÍA DE

Arciprestado de A Louriña

ACTIVIDADES PASTORALES

Catequesis:
Cinco grupos de primeira comuñón (2 anos de preparación)
Dous grupos de post-comuñón.
Cinco grupos de confirmación (3 anos de preparación).
Un grupo de post-confirmación.
Cursillos prematrimoniales (4 días nos meses de febreiro, abril, xuño, setembro e novembro).
Trece grupos Asembleas da Misión (reúnense todos os meses en domicilios particulares)
Grupos de oración: Mércores de 19:00 a 20:00.
Grupo de matrimonios: Luns de 8 a 9.
Grupo Bíblico: Xoves de 20 a 21.
Adoración Nocturna: Feminina, segundo sábado de mes; masculina, último venres.
Caritas parroquial: Martes de 16:30 a 19:30.
Visitadores de enfermos

TEMPLO:

 O templo parroquial foi reedificado baixo a dirección do arquitecto Manuel Felipe Quintana, sobre a estrutura dunha máis antiga posiblemente do século XVI que incorporaba elementos barrocos como se pode observar en fotografías que se conservan do vello templo.

Nas rúas que rodean o templo aínda se atopan edificios sen alterar que son exemplo do tránsito do século XIX ao XX. Edificios que franquean á propia igrexa e confírenlle unha perfecta ambientación.

A Igrexa Parroquial de Porriño sofre diversas reparaciones tras ser incendiada polos portugueses no ano 1665 e franceses no 1890; necesita de novo a principios do século XX unha intervención ante a ameaza de ruína que presentaba. En 1901 o arquitecto diocesano D. Felipe Quintana Ochayta realiza un recoñecemento do templo e iníciase un expediente de reparación co apoio político de Gabino Bugallal.

Neste momento estúdase a posibilidade de levantar unha nova igrexa noutro lugar, aínda que prevalece a idea de reedificar a antiga parroquial.
Nestes anos debéronse realizar varias obras de reparación e consolidación, posto que no mes de xullo de 1904 o Ministerio de Graza e Xustiza concede unha subvención para as obras, o 20 de decembro dese mesmo ano puxáronse no palacio Episcopal de Tui e asúmeas o contratista Emilio Cortegoso Abellevia. Descoñécese se estas obras foron executadas posto que o mes de Novembro de 1906 a alcaldía comunícalle ao Goberno Civil da Provincia o estado de ruína da Igrexa parroquial que ameazaba provocar derrubamento.

No ano 1907 abórdase definitivamente a reedificación e reforma da antiga Igrexa parroquial, asumindo o proxecto trazado polo arquitecto Manuel Felipe Quintana Ochayta. Nese ano recíbense varias subvencións estatais e os filántropos Manuel Rodríguez e Angelina Bonin deciden igualmente sufragar parte dos gastos, construíndo o presbiterio e a capela maior; comunicando ao mesmo tempo que están dispostos a sufragar outros gastos para facer posible a reedificación do vello templo.

A nova igrexa constitúe en Porriño un novo exemplo da actividade dos indianos, na promoción arquitectónica. Ademais de Manuel Rodríguez intervén tamén Ramón González no financiamiento dos gastos para a construción da sancristía. Tamén colaborou Servando Ramilo Neves no financiamiento das obras, que anos atrás demostraba a súa xenerosidade ao doar a capela e o parque do Cristo.

No templo parroquial o arquitecto Manuel Felipe Quintana adopta un frío e desornamentado Neogótico que garda relación con outras importantes obras que este técnico realiza nestes anos como arquitecto diocesano, por exemplo a de Santiago o Maior de Vigo que se consagra o día 10 de agosto de 1907.
As fachadas exteriores exhiben unha excelente fábrica de cantería granítica.

A fachada principal presenta unha austera ornamentación que se opón á verticalidad do estilo gótico no que está inspirado. No interior do templo presenta unha planta de cruz latina, cun ábside de forma poligonal. A cubrición efectúase en bóvedas de crucería que imitan nos seus nervios graníticos ás igrexas góticas. A iluminación prodúcese por medio de ventás verticais rematados en arcos apuntados e decorados con vidrieras artísticas