|
REBORDÁNS, SAN BARTOÑOMEU |
San
Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544
homes)
A igrexa parroquial foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da via XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo vencellada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.