|
REBOREDA, SANTA MARÍA |
A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun
principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está
unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. No exterior presenta
unha porta adintelada, hornacina e torre de espadana. Tamén ten un escudo
coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos
Mondragón como benfeitores desta construción.
Santa
María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.
Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes)