|
SANTA MARÍA-CONCATEDRAL |
A
colexiata de Santa María de Vigo está situado na cidade de Vigo. Desde 1959
ten a consideración de concatedral, compartindo a sede catedralicia da
diocese de Tui-Vigo coa catedral de Tui. Foi construída entre 1816 e 1834,
substituíndo a antiga colexiata, danada trala explosión dunha polvoreira en
1809.
O actual edificio foi deseñado por Melchor de Prado y Mariño, membro da Real
Academia de San Fernando. O seu estilo principal é o neoclásico, se ben as
torres son barrocas.
Alberga no seu interior o soado Cristo da Vitoria que, segundo a tradición, favoreceu aos vigueses nas Guerras Napoleónicas. Cada primeiro domingo de agosto sae en procesión dentro da maior manifestación relixiosa da cidade.