Parroquias>Parroquias ordenadas

SANTO CURA DE ARS

Arciprestado de Vigo Teis

Foi erexida esta Parroquia o 31 de Outubro de 1970 polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese D. José Delicado Baeza, baixo a advocación de S. Juan María Vienney, popularmente Santo Cura de Ars, adscrita ao arciprestazgo de Vigo- Teis. Se disgrega da de S. Juan Bautista ou S. Juan do Monte. Limita coas parroquias de S. Juan Baustista, A Inmaculada Concepción, Nosa Sra. de Fátima, San Fco. Javier e Nosa Sra. das Neves.

Foi o seu primeiro ecónomo e párroco ata a súa morte, acaecida o 13 de xaneiro de 2000.

En outubro de 1977, nun dos xornais da cidade, aparece o primeiro proxecto da igrexa e locais parroquiais.

A súa construción tardará máis de 10 anos.
O 16 de xullo de 1978, sábado, festa da Nosa Señora do Carme, comeza a camiñar con automnomía propia. é bendicido o local, acondicionado na travesía de Vigo, polo Excmo. Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese D. José Cerviño e Cerviño.

Relata a prensea na crónica dese día: " na Travesía de Vigo, onde en pouco tempo xurdiron os bloques de vivenda e edificios con moitos apartamentos, nótase gran inmigración. Son familias case recentemente chegadas, constituídas xeralmente por matrimonios novos."

É o 20 de xaneiro de 1.996 cando o Monseñor Cerviño e Cerviño, en tarde chuviosa, " bendice os terreos e pon a primeira pedra do complexo parroquial."

Ábrese ao culto a nova igrexa o 25 de abril de 1999, 4º domingo de Pascua, día do Bo Pastor. Foi consagrada polo Bispo da Diocese, o Exmo e Rvdmo. Sr. D. José Diéguez Reboredo , o 4 de agosto do 2000, festa do Santo Cura de Ars, S. Juan Vienney, Patrón da Parroquia, sendo párroco da mesma, Juan Manuel González Branco.

Horas de despacho Parroquial:

Luns a Venres despois da Misa da Tarde

Máis información no blog propio de parroquia: http://arsvigo.wordpress.com/

VIDA DO SANTO CURA DE ARS  ▼