Parroquias>Parroquias ordenadas

SAN XOSÉ OBREIRO E SANTA RITA

Arciprestado de Vigo Casablanca

Igrexa de San Xosé Obreiro e Santa Rita

ACTIVIDADES PASTORALES

DATOS HISTÓRICOS

A Capela de S. Honorato, tamén chamada, de Santa Rita foi construída no ano 1720, a beira do camiño que comunicaba a cidade de Vigo coa de Ourense. A capela era de planta rectangular, toda ela constuida con pedra de granito. A súa fachada principal estaba encadrada entre dúas pilastras que remataban en pináculos. Nesta fachada estaba colocado o escudo da familia doante, encima do cal iba un pequeño campanil.

Era unha obra arquitectónica de estilo barroco do século XVII principios do XVIII. Máis tarde engadíuselle un cruceiro e o lado do templo unha oliveira. Na décado dos 60 a capela e o cruceiro foron derruidos para construir a actual igrexa. Na zona verde que había por detrás da capela construiuse o actual hospital Xeral. O 11 de xuño de 1961 colócase a primeira pedra do templo actual, un proxecto do arquitecto Vigués D. Fernando Ocampo Rodríguez. Na súa fachada atópase a imaxe de San Xosé Obreiro, feita en pedra de granito de 8 m de altura, obra de Xoán Piñeiro.

No ano 2007, sendo párroco D. Antonio Rodríguez Suárez, realízase unha ampla reforma interna, para facerla máis acolledora, na que destaca a súa maxestuosidade e volume con vintecinco metros de altura. No fondo do altar a imaxe de Cristo de madeira, de cinco metros de altura, que antes colgaba no ábside e que agora apóiase sobre unha parede en pedra que se levantou detrás do altar: " Tal e como estaba antes a imaxe non podía ser contemplada e a súa nova ubicación foi decesiba para levar a cabo a devandita reorganización".

O arquitecto Ramiro Lamas, sacerdote e coadxutor no seu momento da parroquia, propuxo baixar a altura do presbiterio e resolveuno cun diseño "en forma de mitra aludindo a un elemento significativo da xerarquía eclesiástica". Con esta alternativa logrou cubrir a antiga escaleira en caracol que era un elemento que distraía a atención e que non tiña outra finalidade que dar acceso o tellado.

A escaleira mantén o servicio aínda que quedou tapada coa nova estructura. Ademáis de cambiar toda a iluminación interior do templo, outro elemento que predomina e a lámpara central, feita en ferro forxado de catro metros de diámetro. Ten forma de acio e conta cun cento de bombillas, quedando deste xeito resolto o problema de iluminación. Habilitóuse unha capela anexa, onde antes estaba o salón parroquial, dedicada a San Honorato, lugar donde se reunen os feligreses nos días da semana, pois dado o volumen da igrexa non é doado mantela a unha temperatura axeitada todos os días.