Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


OS NOVOS CONTEDORES BRANCOS TAMÉN SON DE CÁRITAS

Ante as repetidas consultas que se están producindo, si temos que dicir que os contedores brancos, que desde hai algunhas semanas estanse xa deixando ver en distintos puntos distribuídos por toda a cidade, están xestionados tamén por Cáritas Diocesana de Tui – Vigo.

Desde hai xa máis dun ano Cáritas veu instalando contedores vermellos, ben coñecidos de todos e situados en espazos non públicos, que nos permitiron arrincar na cidade co noso ambicioso proxecto de inclusión social e de colaboración co coidado do medio ambiente plasmado na apertura ao público da nosa tenda Koopera Store, en Urzáiz 149, zona peonil do Calvario.

Estabamos pendentes de que o Concello convocase o concurso para a adxudicación da recollida de residuos téxtiles. Este xa se realizou e resultou adxudicado á empresa FCC que, á súa vez, encargounos a Cáritas a xestión deste servizo.

Froito deste proceso é a progresiva colocación por toda a cidade destes novos contedores brancos, agora situados en lugares públicos e ben visibles, que veñen reforzar a nosa rede inicial potenciando e dando futuro ás nosas grandes prioridades xa manifestadas: a inclusión laboral de persoas en risco de exclusión social e o traballo decidido para xestionar toneladas de residuos téxtiles que complicarían tremendamente a conservación do noso medioambiente.

Desde aquí animámosvos a que non deixedes de colaborar coas vosas doazóns de roupa nos nosos contedores, vermellos e brancos, para faceren máis grande o noso proxecto Moda- Re e poder así axudar a máis xente que nos está necesitando.

Gustaríanos que esta información se trasladase e difundise entre a poboación en xeral para non dar pe a dúbidas, porque ámbolos dous contedores (vermellos e brancos) sí que son de Cáritas.


Subir a inicio