Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Os xóvenes, a fe e o discernimento vocacional

A institución do Sínodo sempre foi unha acción eclesial de primera orde. A partir do Concilio Vaticano II, a Igrexa quixo dar nova forza ao Sínodo como referencia esencial da vida e da comuñón de toda a Igrexa. Así ten sido dende Pablo VI ata os nosos días.

Con ocasión do quincuaxésimo aniversario da institución do Sínodo dos Bispos, en outubro de 2015, o Papa Francisco pronunciou un discurso no que, entre outras importantes afirmacións, fala da necesidade e a beleza de “camiñar xuntos”. O Sínodo dos Bispos, dixo entón o Papa, é o punto de converxencia dun dinamismo de escoita levado a todos os ámbitos da vida da Igrexa. E engade que o camiño sinodal comeza escoitando ao pobo, partícipe tamén da función profética de Cristo, e prosigue escoitando aos pastores e culmina na escoita do Bispo de Roma.

O próximo Sínodo -outubro 2018- estará adicado aos xóvenes. Estamos no momento da escoita do Pobo de Deus, primordialmente dos nosos xóvenes. En orde a este obxectivo, a Secretaría do Sínodo publicou un importante documento que finaliza cun cuestionario.

Convídovos de todo corazón a ler detidamente este documento e a responder ao seu cuestionario. É importante para a boa marcha do Sínodo e é moi necesario para a nosa Igrexa diocesana.

Con todo afecto,

+ Luís Quinteiro Fiuza

Bispo de Tui-Vigo


Subir a inicio