Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a axenda [+]

INFORMACIÓN. Noticias publicadas

Servicio de publicacións. Noticias publicadas


Xornadas de Programación Pastoral (28, 29 e 30 de xuño)

Estimado amigo/a:

Os días 28, 29 e 30 de xuño celebraremos as Xornadas de Programación Pastoral para o curso 2017-2018. Terán lugar no Seminario Maior de Vigo, en sesións de mañá, e estarán centradas no tema da mocidade.

Como ben sabes o próximo Sínodo dos Bispos, que se celebrará en outubro do 2018, estará dedicado aos mozos. O 13 de xaneiro deste ano presentouse o Documento Preparatorio Los jóvenes, la fe y el discernimiento vocacional, que conclúe cunha serie de preguntas que teñen como finalidade recompilar elementos para a redacción do Documento de traballo ou Instrumentum laboris.

O noso Bispo dicía recentemente:

Convídovos de todo corazón a ler detidamente este documento e a responder ao seu cuestionario. É importante para a boa marcha do Sínodo e é moi necesario para a nosa Igrexa diocesana.

Pola súa banda, a Delegación de Pastoral Xuvenil invitou ás parroquias, Asociacións, Movementos e Grupos, a participar de xeito activo nesta fase do traballo sinodal, tal e como pode verse na páxina web da Diocese.

O Documento Preparatorio Los jóvenes, la fe y el discernimiento vocacional, bríndanos unha preciosa oportunidade de revisar e reformular a nosa acción cos xoves. É o que pretendemos conseguir nestas Xornadas de Programación; concretar a riqueza que o Documento nos ofrece en obxectivos e accións que renoven a pastoral xuvenil e vocacional.

Despídome animándote a participar nas Xornadas e pedindo a Deus que nos faga testemuñas cribles da fe ante uns mozos que son a esperanza da Igrexa e do mundo.

Sen máis, recibe un cordial saúdo.

Nota: Quedan convocados ás Xornadas de Programación os Vigairos Episcopais, os Arciprestes e os Delegados Diocesanos.

As Xornadas celebraranse en sesións de mañá, con comida incluída. Se por algunha razón alguén non puidese asistir, que o comunique a esta Vigairía.

vicariopastoral@diocesetuivigo.org * tlfno: 662170494/vicariopastoral@diocesetuivigo.org * tlfno: 662170494


Subir a inicio