Por tantos

Manos Unidas

Cáritas diocesana. Tui-Vigo

Información>Noticias

PRESENTACIÓN EN ALBEOS DUN DOCUMENTAL SOBRE A VIDA DE SAN PELAIO

O vindeiro sábado, no Ano Xubilar de San Pelaio

Ás 18,30 da tarde do próximo sábado no Centro Cultural de "San Paio" de Albeos terá lugar a presentación e o pase dun Documental sobre a vida de San Pelaio realizado por Antonio Río López.

O acto encádrase dentro das actividades do Ano Xubilar de San Pelaio, que a pasada semana inaugurou o Bispo Mons. Quinteiro Fiuza ao cumprirse agora os 1.100 anos do nacemento do conveciño de Albeos "O Neno, San Pelaio".

O autor do documental, Antonio Río é experto en medios audiovisuais e, entre outros cargos, foi Director do "Centro de Recursos audiovisuais" da Coruña dependente da Consellería de Educación da Xunta; é membro da comisión xestora da "Escola de Imaxe e son" da Coruña e a temas da súa produción outorgáronselle tres "Premios Galicia ao mellor vídeo".

 

Diocese de Tui-Vigo
Dr Corbal, 90 - 36207 Vigo
Tel. 986 375 153 - 986 376 453
bispado@diocesetuivigo.org