Por tantos

Manos Unidas

Cáritas diocesana. Tui-Vigo

Información>Noticias

INAUGURACIÓN DO ANO XUBILAR DE S.PELAIO

Igrexa Parroquial de San Xoán de Albeos

O pasado sábado 14 de xaneiro, ás 17:30 o Sr. Bispo inaugurou cunha solemne Eucaristía o Ano Xubilar de San Pelaio. A celebración tivo lugar na igrexa parroquial de San Juan Bautista de Albeos, lugar natal "do Neno", no arciprestazgo de "San Martiño" e nela participaron gran cantidade de fieis entre eles numerosos nenos e xóvenes.

O Sr. Bispo fixo unha chamada a participar con interese en todas as celebracións desta efemérides e a difundir entre todos os homes e mulleres, especialmente entre os máis novos, a devoción a este Santo Neno veciño noso.

Don Luís insistiu en que durante este ano Albeos debería converterse en lugar de peregrinación para todas as parroquias da Diocese e rogou a San Pelaio achegásenos co exemplo da súa vida á contemplación do rostro amoroso e compasivo do Señor.

CONDICIÓNS PARA GAÑAR A INDULXENCIA XUBILAR

 

Diocese de Tui-Vigo
Dr Corbal, 90 - 36207 Vigo
Tel. 986 375 153 - 986 376 453
bispado@diocesetuivigo.org