
O próximo 12 Febreiro o Movemento de espiritualidade “Equipos da nosa Señora” (ENS) celebrará con gozo os 50 anos de presenza na Diocese de Tui-Vigo. ENS busca lograr unha maior espiritualidade conxugal para o esposo e a esposa, sen individualismos sosos. Porque o matrimonio para o cristián é cousa de dúas e cousa de Deus.
Na diocese hai 20 “equipos” (algúns matrimonios mais un sacerdote consiliario forman o equipo); son preto de 100 matrimonios, orientados por preto de 20 Consiliarios.

A festa das nosas Vodas de Ouro nesta diocese comezará ás 14 horas do domingo 12 de febreiro cunha Eucaristía no Colexio San Xosé de Cluny (Vigo), presidida polo Sr. Bispo, e acompañados aparte da maioría dos equipos de Vigo, con outros dos distintos sectores de Galicia, cos Responsables Rexionais, e tamén cos Responsables Nacionais do Movemento.
Haberá diversas entrevistas a xente que iniciou este movemento en Vigo, e que con xenerosidade contribuíu á súa propagación en Galicia, Astorga e Asturias. Tras a comida de confraternidade e a enxebre queimada, finalizará o encontro con diversas actuacións espontaneas.
Texto traducido
|
Diocese de Tui-Vigo |