Co ánimo de mellorar, tanto técnica como espiritualmente, o exercicio do ministerio e función dos lectores da Palabra de Deus nas celebracións litúrxicas, organizouse para todos os diocesanos que queiran participar nel, un CURSO SOBRE A PROCLAMACIÓN DA PALABRA DE DEUS.
As sesións teórico-prácticas terán lugar no salón de actos da Parroquia do Corazón de María, de Vigo, a partir das 8 da tarde, dos vindeiros días 28 e 29 de febreiro e o 1 de marzo.

A consideración e reflexións acerca de "a estrutura da Liturxia da Palabra e o seu valor teolóxico na celebración; os diversos ministros ou axentes que han de intervir nunha celebración activa, como pide o Concilio Vaticano II, a súa proclamación e o modo de realizala" estarán a cargo de Don José Diéguez Dieppa, Delegado Episcopal de Liturxia e Profesor desta disciplina no Instituto Teolóxico de San Xosé.
As partes máis prácticas sobre disposición corporal, estética, vocalización, lectura, dramatización e proclamación... serán desenvolvidas polo Delegado diocesano de Medios de Comunicación, o sacerdote e xornalista Don Alberto Cuevas. O curso ten como obxectivo principal formar lectores que saiban proclamar a Palabra de Deus con dignidade , con unción, e tamén con calidade técnica.
Para inscribirse (só en función de dispor dos materiais que vaian distribuírse) podedes chamar ao voso párroco ou ao Arcipreste de Vigo-Casabranca (D. Serafín Vizoso: 986 261771). O curso organízano o citado Arciprestazgo de VIGO-CASABRANCA e as Delegacións diocesanas de Liturxia, Educación na Fe e Medios de Comunicación.
|
Diocese de Tui-Vigo |