Por tantos

Manos Unidas

Cáritas diocesana. Tui-Vigo

Información>Noticias

SOLEMNE E ENTRAÑABLE CELEBRACIÓN DAS VODAS DE OURO DO "EQUIPOS DA NOSA SEÑORA" (ENS) NA DIOCESE

O pasado domingo 12 Febreiro emocionados, contentos -e ata algúns nerviosos ansiosos de que todo saíse ben-, máis dun centenar de "equipìers" do Movemento de espiritualidade "Equipos da nosa Señora" (ENS) achegáronse ao Colexio San Xosé de Cluny para dar grazas a Deus e celebrar o gozo de festexar os 50 primeiros anos de presenza na Diocese de Tui-Vigo.

Os medios de comunicación difundiron a efemérides e deron conta dos fundamentos da espiritualidade de ENS.

A festa das Vodas de Ouro, como estaba previsto, comezou ás 14 horas cunha Eucaristía presidida polo Sr. Bispo e na que concelebraron algúns consiliarios.

Asistiron, aparte da maioría dos equipiers de Vigo, outros dos distintos sectores de Galicia, cos Responsables Rexionais e tamén os Nacionais do Movemento.

Houbo entrevistas a quen son alicerces no incio deste movemento en Vigo, e que con xenerosidade contribuíron á súa propagación en Galicia, Astorga e Asturias, de onde acudiron tamén matrimonios de ENS. Tras a comida de confraternidade e unha enxebre queimada, finalizou o encontro con diversas actuacións espontaneas e repartición de recordos. (A.C.)

GALERÍA DE IMAXES

Pinchar sobre a imaxe para vela en tamaño maior

 

 

 

Diocese de Tui-Vigo
Dr Corbal, 90 - 36207 Vigo
Tel. 986 375 153 - 986 376 453
bispado@diocesetuivigo.org