Por tantos

Manos Unidas

Cáritas diocesana. Tui-Vigo

Información>Servicio de prensa

TRES SEMINARISTAS RECIBIRÁN O MINISTERIO DO LECTORADO

Ás 20 horas do próximo venres día 16 de decembro, dará comezo na capela do Seminario Maior de S. Xosé, en Vigo, a eucaristía na que o Bispo da Diocese outorgará o ministerio do LECTORADO a tres seminaristas: Telmo Lago Mediero, Gonzalo Otero Martínez e Esteban Riobó Martínez.

Os “ministerios” do Lectorado e o Acolitado, que adoitan ser exercidos circunstancialmente por segrares na celebración da misa, son con todo servizos que a Igrexa confire oficial e escalonadamente a quen se preparan para ser presbíteros, como unha especie de preparación máis intensa de cara á próxima recepción do ministerio sacerdotal.

 

Diocese de Tui-Vigo
Dr Corbal, 90 - 36207 Vigo
Tel. 986 375 153 - 986 376 453
bispado@diocesetuivigo.org