
Como cada ano, a Xornada Mundial da Vida Consagrada celebrarase o próximo día 2 de febreiro, baixo o lema “Ven e sígueme” (Mc 10, 21). Vida Consagrada e Nova Evangelización”, logo da JMJ en Madrid e inspirado no horizonte do próximo Sínodo dos Bispos “A nova Evangelización para a transmisión da fe cristiá”.
Unidos ao noso Bispo e a todo o Pobo de Deus, os consagrados celebraremos, gozosos e agradecidos ao Señor, a XV Xornada Mundial da Vida Consagrada “espertando no Pobo de Deus o fame e amor pola Sagrada Escritura,... e profundar na comuñón con Xesucristo, Palabra de Deus encarnada”.
Este ano celebraremos esta Xornada en dous momentos:
O día 2 de febreiro en cada Comunidade Relixiosa ou nas súas Parroquias uníndose ao Pobo de Deus na festa da Presentación do Señor.
Poden usar a fórmula da Consagración en Vésperas ou na Misa principal da Parroquia logo da Homilía. (Ver o subsidio adxunto).
O día 4 de febreiro, sábado, ás 5:00 da tarde cunha Eucaristía presidida polo noso Bispo D. Luís no Colexio Carmelitas de Vigo, R/ Pi Margall, 58. A continuación terase unha convivencia fraterna.
Desde esta Delegación e desde CONFER Diocesana é o noso desexo que -fieis e sacerdotes- acompañar na oración e presenza nos actos destas Xornadas.
Cun fraternal abrazo, o voso irmán en Xto.
Anxo Mª Cabezón Palacios, cmf.
Delegado Diocesano para a Vida Consagrada.
| " Polo que se refire á vida consagrada, o Sínodo recordou ante todo que «nace da escóita da Palabra de Deus e acolle o Evanxeo como a súa norma de vida». Neste sentido, o vivir seguindo a Cristo casto, pobre e obediente, convértese «en "exégesis" viva da Palabra de Deus». O Espírito Santo, en virtude do cal escribiuse a Biblia, é o mesmo que «iluminou con luz nova a Palabra de Deus aos fundadores e fundadoras. Dela brotou cada carisma e dela quere ser expresión cada regra», dando orixe a itinerarios de vida cristiá marcados pola radicalidad evangélica". (Bieito XVI, VD 83). |
Imaxen cedida pola CEE.Imaxen retocada.Texto traducido
|
Diocese de Tui-Vigo |