InicioInicio

Correo Correo

 

 


google web
  • Portada
    • Presentación
    • Historia
    • Memoria
  • Estatutos
    • Estatutos
    • Programacións
  • Guía Académica
    • Órganos de Goberno
    • Planos de Estudo
    • Matrícula
    • Calendario
  • Publicación
    • Publicacións Pastoral
  • Novas
    • Novas
  • Enlaces
    • U. Pontificia Salamanca
    • Instituto Teolóxico Santiago
    • Conferencia Episcopal
    • Vaticano
Inicio>Historia>>Saír

Historia

O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo, da diocese de Tui-Vigo, ten as súas raíces no Seminario Maior “San Xosé” de Vigo, inaugurado o 16 de outubro de 1959 polo bispo de Tui-Vigo frei José López Ortiz, no mesmo ano en que a antiga diocese de Tui convertíase na diocese de Tui-Vigo en virtude da bula Quemadmodum impiger do Papa Xoán XXIII. [1]

O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo, centro afiliado á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca, comeza a súa andaina durante o curso académico 1999-2000.

Desexábase que os estudos realizados no Seminario tivesen o rango de estudos universitarios, podendo os alumnos acceder ao Bacharelato en Teoloxía (Licenciatura en Estudos Eclesiásticos).

O 6 de maio de 1999, o bispo de Tui Vigo, D. José Diéguez Reboredo, solicitou a afiliación á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca, sendo esta concedida, segundo decreto da Congregación de Educación Católica (N. 225/2000), o 7 de marzo de 2000.

Devandita afiliación foi posteriormente renovada, para un novo quinquenio, o 22 de novembro de 2005 (Congregación de Educación Católica, decreto N. 275/2000).

Desde entón, numerosos alumnos, incluídos algúns sacerdotes diocesanos, obtiveron o grao de Bacharelato en Teoloxía no noso Instituto.

O primeiro director, elixido a proposta do claustro de profesores, foi D. Xulio Andión Marán (2000-2006), a quen seguiu D. Clodomiro Ogando Durán (2006-2009) e D. Guillermo Juan Morado (2009-).

Desde 2008 publícase Telmus. Anuario do Instituto Teolóxico / Seminario Maior San José, unha revista que, cos seus estudos, comentarios, recensións e reseñas convértese, dalgún modo, en portavoz da actividade do noso Centro.

 

 [1] Cf A. HERNÁNDEZ MATÍAS, “El Seminario Mayor de Vigo. 50 años de historia”, Telmus. Anuario del Instituto Teológico San José / Seminario Mayor San José (2/2009) 11-38.


Instituto Teolóxico "San Xosé" Vigo
Estrada de Madrid, 8 Vigo-Apdo:3073
Tel.-Fax: 986 412 666
itsanxose@diocesetuivigo.org