InicioInicio

Correo Correo

 

 


google web
  • Portada
    • Presentación
    • Historia
    • Memoria
  • Estatutos
    • Estatutos
    • Programacións
  • Guía académica
    • Órganos de Goberno
    • Plano de Estudo
    • Matrícula
    • Calendario
  • Publicacións
    • Publicacións
  • Novas
    • Novas
  • Enlaces
    • U. Pontificia Salamanca
    • Instituto Teolóxico Santiago
    • Conferencia Episcopal
    • Vaticano
Inicio>Memoria>>Saír

Memoria do Curso 2010-11

Por esixencia do protocolo académico, como Secretario de Estudos do Instituto Teolóxico, paso a expor os principais acontecementos e actividades vividos durante o Curso Académico 2010- 2011.

Inicio de Curso

O día 4 de outubro de 2010 botaron a andar as actividades académicas con 17 alumnos matriculados: catro en sexto curso, tres en quinto, tres en cuarto, dous en terceiro e cinco en primeiro.

O 6 de outubro tivo lugar a apertura oficial do curso. Presidiu a Eucaristía o Sr. Bispo e a lección inaugural, Ecología y creación, correu a cargo da prof. Dra. Dª Isabel Pereira Varanda, da Facultade de Teoloxía da Universidade Portuguesa con sé en Braga.

Sumáronse ao acto o Instituto Teolóxico “San Agustín” e as Delegacións episcopais para o Clero e de Educación na fe.


Festas de Santa Catarina

O día 25 de novembro honramos a memoria de Santa Catarina de Alexandría, patroa dos filósofos, coa celebración da Santa Misa presidida por D. Guillermo Juan Morado, director do Centro, e coa conferencia impartida polo Dr. D Leonardo Lemos Montanet, Análisis de algunos libros de texto de la asignatura de educación para la ciudadanía.


Vacacións de Nadal

O 17 de decembro, antes de iniciar as vacacións de Nadal, recibiron ministerios algúns alumnos do Centro.

Foron instituído lectores: José Antonio Eiró Otero, Santiago Manuel Fernández Alarcón, Daniel Goberna Sanromán e Luis Manuel González Piñeiro.

Foron instituídos acólitos: Ángel Carnicero Carrera, Alberto Novoa Vila e José Ángel Outeda André.


San Tomé de Aquino

O luns 10 de xaneiro de 2011 reiniciouse as clases.

O 28 de mesmo mes, venres, festexamos a San Tomé de Aquino, patrón dos teólogos. Presidiu o santo Sacrificio o sr. Bispo D. Luis Quinteiro Fiuza e a disertación académica, La hagiografía litúrgica y el manuscrito nº 1 de la catedral de Tui, foi impartida polo Lic. D. José Diéguez Dieppa.



Verbum Domini

O 2 de febreiro o profesor de Sagrada Escritura, Lic. D. Xosé Uxío Nerga Menduiña, presentou ante o clero diocesana a Verbum Domini, exhortación postsinodal de Benedicto XVI. Unha primeira aproximación á Verbum Domini foi o título do seu discurso.


Fieri, art & theology

O día 2 de marzo celebrouse o acto de presentación do catálogo Fieri, art & theology.

A elaboración do catálogo, froito da exposición conmemorativa dos 50 anos da fundación do Seminario Maior de Vigo, foi coordinado por D. Santiago Vega López, formador do Seminario e Licenciado en belas artes, e contou coa colaboración dalgúns profesores do Instituto Teolóxico.

No acto público interviñeron o xa referido D. Santiago Vega López, D. Guillermo Juan Morado, director do Instituto Teolóxico, e D. Jesús Gago Blanco, vigairo xeral e profesor do Instituto.


Telmus

No mes de marzo tamén miraba a luz o terceiro número da revista Telmus, anuario do Instituto Teolóxico San Xosé.


Biblia da CEE

O día 6 de abril realizouse a presentación da tradución da Biblia promovida pola Conferencia Episcopal Española.

Tres profesores do Centro, que asistiran no mes de febreiro en Madrid ao congreso, La Sagrada Escritura en al Iglesia, tiveron cadansúa comunicación.

D. Antonio Menduiña Santomé falou sobre as características propias da tradución, A Biblia da Conferencia Episcopal Española.

D. Uxío Nerga Menduiña, Unha Biblia para o pobo de Deus, abordou a vinculación entre a Palabra e o pobo que nace da Palabra e se nutre dela.

D. José Vidal Novoa expuxo a relación entre Palabra e transmisión da fe, Palabra de Deus e a transmisión da fe.

Rematou o acto cunhas verbas do sr. Bispo.


Secretario do Instituto Teolóxico

O 13 de abril, de maneira repentina, D. José Manuel Castro Quinteiro pasaba á casa do Pai. Presentara a súa dimisión, por razóns de saúde, no mes de marzo.

Toda a comunidade educativa sentiu esta perda.

O 5 de maio celebrouse, en sufraxio pola súa alma, unha Misa funeral na capela do Seminario. Estiveron presentes familiares e amigos.

Desde o mes de abril D. José Vidal Novoa sustitúe nas funcións de secretario a D. José Manuel Castro Quinteiro.


Nomeamentos

O 14 de abril o sr. Bispo, oído o parecer do claustro e de conformidade cos Estatutos do Centro, asinou o nomeamento dos actuais profesores do Instituto Teolóxico “San Xosé” como profesores ordinarios.


Renovación da afiliación a salamanca

Na mañá do venres 29 de abril tivo lugar a visita dos profesores D. Santiago Guijarro e D. Miguel Anxo Pena, da Facultade de Teoloxía da UPSA, en orden á renovación da afiliación do noso Instituto Teolóxico á mencionada facultade.

Tiveron un encontro coa Xunta de Goberno e cos profesores, así como unha entrevista cos alumnos. Rematou a inspección cunha visita ás instalacións.
Segundo se comunicou a impresión foi favorable. Estase á espera de que envíen desde a Universidade de Salamanca un informe escrito.


Comité de Autoavaliación

O 20 de maio o Claustro elixiu aos profesores D. Ángel Marzoa Rodríguez e D. Xosé Uxío Nerga Menduiña, para que xunto co secretario do Centro, D. José Vidal Novoa, e cun alumno, Daniel Goberna Sanromán, constitúan o Comité de Autoavaliación do Centro.

Durante o curso 2011-2012 o Centro someterase á avaliación de calidade, AVEPRO, proposta pola Santa Sé. Esta avaliación axudará tamén a avanzar no cumprimento dos requisitos de calidade esixidos polo Estado Español a través da axencia

ANECA.

Jesús de Nazaret de J. Ratzinger

O 8 de xuño, o Instututo Teolóxico organizou un acto para presentar o segundo volume da obra de J.Ratzinger: Jesús de Nazaret. Desde la entrada en Jerusalén hasta la resurrección.

Presidiu o evento o sr. Bispo e interviñeron o prof. Dr, D. Guillermo Juan Morado, “La credibilidad de Jesús de Nazaret” e o prof. Dr. D. Xulio Andión Marán, “El libro de Benedicto XVI. Contexto de lectura y claves de interpretación”.


Exame de Grao de Bacharel

Os días 13 e 14 de xuño, catro alumnos do Centro realizaron a proba escrita o exame oral para acadar o Grao de Bacharel en Teoloxía.

Presidiu o tribunal examinador o Dr. D. Miguel Anxo Pena profesor da UPSA, que estivo acompañado polos profesores do Instituto Teolóxico: Dr. D. Guillermo Juan Morado e Lic. D. Antonio Menduiña Santomé.

Superaron a proba os catro, e algún de xeito brillante.


Conversaciones en Salamanca

O 16 e 17 de xuño D. Guillermo Juan Morado, director do Instituto Teolóxico, e D. José Vidal Novoa, secretario do mesmo, asistiron ás XXV Conversaciones de Salamanca. Baixo o título: Iglesia de Iglesias: hacia una eclesiología de la unidad abordouse a cuestión eclesiolóxica dentro do marco da teoloxía ecuménica.


Ordenacións

O 2 de xullo, na Sé Catedral, recibiron a ordenación sacerdotal D. David López Castro e D. Eloy Perales Rodal, exalumnos do Instituo Teolóxico.

Mentres que os alumnos D. Ángel Carnicero Carrera, D. Alberto Novoa Vila e D. José Ángel Outeda André, entraron na orde dos diáconos.


ABE

Entre o 5 e o 7 de setembro celebráronse nas instalacións do Seminario e do Instituto Teolóxico as XXIII xornadas da Asociación Bíblica Española, que tiña por título: Las relecturas del Antiguo Testamento.

Na organización e coordinación das xornadas tivo un papel destacado o docente de Antigo Testamento deste Centro, Lic. D. Xosé Uxio Nerga Menduiña.


Altas e baixas

O curso 2010-2011 comezou co coa incorporación do Dr. D. Diego Pérez Gondar, da Prelatura do Opus Dei, como profesor de Cartas Apostólicas e Escritos Xoánicos.

A mediados de curso, como xa quedou reseñado, faleceu D. José Manuel Castro Quinteiro.

A final de curso pediu unha excedencia para ampliar estudos en Roma, D. Antonio Menduiña Santomé. Para ocupar o seu posto na Xunta de Goberna saíu elixido D. José Diéguez Dieppa.

Tamén ao final de curso presentou a súa dimisión, por razón de idade, D. Xulio Andión Marán.

Docente durante máis de 40 anos, reitor do Seminario Maior durante 12 e mestre de tantas xeracións de sacerdotes. Ao seu empeño debémoslle que o centro de estudio do Seminario Maior de Vigo dese o paso de afiliarse á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca e pasase a ser, Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo. El foi o primeiro director do mesmo, cargo que ocupou durante seis anos. Desde aquí só podemos ter palabras de agradecemento a tantos anos de dedicación.



Remato dicindo que detrás desta relación de datas e feitos hai toda unha vida. A vida duns alumnos que se forman intelectualmente para ser servidores do Señor. A vida duns profesores que poñen empeño na súa tarefa. A vida, en fin, que nace da rica relación que se establece entre toda a comunidade educativa.

Grazas a todos pola vosa paciencia.
 


Instituto Teolóxico "San Xosé" Vigo
Estrada de Madrid, 8 Vigo-Apdo:3073
Tel.-Fax: 986 412 666
itsanxose@diocesetuivigo.org