CATEDRAL DE TUI  
     
  Localización Provincia: Pontevedra Comarca: O Baixo Miño Concello: Tui  
  Parroquia: Tui R/.: Pza de S.Fernando  CP.36700  
 

Horarios de Visita
Do 1 de xuño ao 15 de Outubre:
de martes a domingo
10:00-13:30 / 16:00-20:00

 

 
   
 

A Catedral de Santa María constitúe o máximo expoñente da riqueza artística da cidade de Tui. A súa construción foi iniciada no século XII, en pleno románico, correspondendo a este estilo a súa planta, portada norte e a magnífica iconografía dos capiteis. Ao gótico pertence a fachada principal, unha das primeiras obras deste estilo realizada na P. Ibérica. Este templo foi consagrado polo Bispo Esteban Egea en 1225. Xa no seu interior destaca o retablo da Expectación e o altar relicario da Capela das Reliquias, ambos os dous do século XVIII. Na capela maior está situado o coro realizado en 1699 por Castro Canseco. Tamén no interior do templo, na antiga Capela de Santa Catalina, atopa o Museo Catedralicio coas pezas do tesouro catedralicio, entre os que destacan o copón de coco do século XV e o talle da Virxe, coñecida como a Patroa, datada no século XIV, así como un fragmento do primitivo Retablo Maior de pedra calcaria de 1520. O claustro, único orixinal conservado nas catedrais galegas, é unha soberbia obra do gótico. Destacar por último a espléndida paisaxe que se contempla dende o torreón dos Sotomayor así como a primitiva Sala Capitular románica do século XII.
Recursos asociados: Fachada Occidental. Arquivo Histórico Catedralicio. Arquivo Histórico Diocesano. Museo Catedralicio

 

 
  DISTANCIAS
Estación de autobuses 30 Estación de tren 30 Aeroporto 30 A Coruña 169 Santiago 107
Pontevedra 48 Lugo 199 Ourense 104 Vigo 30