MUSEO DIOCESANO DE TUI  
     
  Localización Provincia: Pontevedra Comarca: O Baixo Miño Concello: Tui  
  Parroquia: Tui R/.: Pza do Concello  CP.36700  
 

Horarios de Visita
Do 1 de xuño ao 15 de Outubre:
de martes a domingo
10:00-13:30 / 16:00-20:00

 

 
   
 

Está situado no antigo edificio do Hospital de Pobres e Peregrinos inaugurado no ano 1756. Conta con tres plantas, capela e patio interior. A colección permanente consta dunha sección de arqueoloxía con pezas de gran valor histórico como un sarcófago romano, un casco celta do século III - II A.C. atopado en Caldelas de Tui e numerosas pezas arqueolóxicas procedentes de escavacións na zona.

A sección de Arte Sacra conta con obras procedentes de igrexas da Diocese Tui-Vigo, entre as que destacan a escultura do Cristo románico do século XII ou a arca eucarística do Monumento do Xoves Santo que procede de O Porriño, realizada en prata no século XVII.

Finalmente na sección de pintura e escultura pódense atopar pezas tan interesantes como a imaxe da Virxe co Neno do século XVI, atribuída a Juan de Juni ou a Virxe da expectación tallada por Alonso Martínez de Montánchez en 1602.

Destacan os cadros da Inmaculada inspirado nas Inmaculadas de Murillo e os retratos dos Bispos dos séculos XIX e XX.

Entre toda a colección do Museo destacan os "Sambenitos", grandes pezas de tela do século XVII que son a testemuña das penitencias impostas polo Santo Oficio aos herexes reconciliados coa Igrexa. Estas pezas son únicas no Estado Español.

 
  DISTANCIAS
Estación de autobuses 30 Estación de tren 30 Aeroporto 30 A Coruña 169 Santiago 107
Pontevedra 48 Lugo 199 Ourense 104 Vigo 30