|
|
|||
|
|
|||
![]() |
Ubicado na Provincia
de Pontevedra, Concello de Tomiño, carretera C 550, Km. 190,5 dirección Tui-A
Guarda. SAN CAMPIO , soldado romano, padece o martirio nos tempos dos emperadores Diocleciano y Maximiliano, ano 306, e é sepultado o seu santo corpo, polos seus compañeiros na fe, no cemiterio de San Calixto - Catacumbas- en Roma. Polo seu exemplo e firmeza en confesala súa fe en Cristo, seguen no camiño do martirio a súa muller Arquelaida e os tres fillos de corta idade. O comenzo da devoción a SAN CAMPIO "de lonxe", en Figueiró, perdese na lexanía dos siglos. O suntuoso Santuario onde venerase hoxe, data do ano 1804, e foi construido sobor dunha antiga capela na honra de San Antonio de Padua. Foi reedificado nos anos 1871-1874. Consolidouse en 1974 e reformouse no ano 1993. Acuden diariamente romeiros que chegan dos lugares mais recónditos de Galicia e da parte Norte de Portugal. O nome que recibe de SAN CAMPIO "de lonxe" debese a que os romeiros veñen a pe dende moitos kilómetros de distancia, e queda lonxe o Santuario, en relación a outros lugares onde venerase este Santo. Tamén coñecese coma SAN CAMPIO "do monte" polo peregrinar dos romeiros por montes ou matorraies buscando atallos para chegar primeiro os pes do Santo.
|
|
Invócaselle
para toda clase de enfermidades, especialmente nas de cancro, reumáticas
e nerviosas ou mentales. En tempos pasados foi "o gran médico venturoso"
o que se recurría para curar todo "meigallo" e tamén os que sufrían de
"ramo cativo", é dicir, posesion diabólica. Conforme fora a enfermidade na que o Santo mostrou a súa intercesión -ou para a que esperan alcanzar- serán os exvotos que se lle ofrecen. Disto ven que centos de figuras de cera, representando mans, pes, cabezas, gargantas, estómagos, peitos, corpos enteiros, etc., sexan depositados no seu altar. Tamén son
frecuentes as promesas de pesarse o trigo, centeo ou sal. O ofrendante
paga o seu peso na especie indicada ou seu importe en metálico. Para
cumplir este voto hai unha pesa moi antiga ou balanza colgante, a modo
de báscula romana, onde nun platillo colocase o romeiro e no outro a
materia da ofrenda. |
|
Horario de culto no Santuario |
|
Todos os días: Ás 20 h. no inverno - ás 21 h. no verán |
|
Domingos e festivos: 17 e 20 h. no inverno - 17 e 21h. no verán |
|
CALENDARIO DA FESTA DE SAN CAMPIO |
| Celébrase a festa de S. Campio
o venres, sábado e domingo da derradeira semana do mes de xullo.
Comenza a novena o xoves da penúltima semana do mes de xullo, ás 21 horas da tarde. O último venres de xullo, misas ás 12,
Misa do doente e 21 h. (derradeiro día da novena) Último domingo de xullo: |
|
SERVICIOS DO SANTUARIO |
|
Direción espiritual; reencontro con Deus. |
Fonte do
Santo
|