Elixe castelán

Páxina de inicio Inicio

Área restrinxida Área restrinxida

Correo electrónico

RSS

Ver toda a agenda [+]

Área de Pastoral»Actividades pastorales»Axenda anual

ACTIVIDADES PASTORALES.

8 de setembro de 2017

Estimado compañeiro:

Como ben sabes, o pasado mes xaneiro publicábase o Documento Preparatorio para o sínodo que se celebrará en outubro de 2018, e que o Papa quere dedicar aos xoves.

Éme grato anunciarvos que en outubro de 2018 vaise celebrar o Sínodo dos Bispos sobre o tema «Os xoves, a fe e o discernimento vocacional». Eu quixen que vós estivésedes no centro da atención, porque vos levo no corazón. (PAPA FRANCISCO, Carta aos xoves, xaneiro 2017)

A nosa Diocese, acollendo o anuncio do Santo Padre, quere centrar os seus esforzos pastorais, durante o vindeiro curso, na xuventude. Por esta razón, entre os días 28, 29 e 30 de xuño, os vicarios episcopais, arciprestes, delegados e representantes de pastoral xuvenil, presididos polo bispo, D. Luis Quinteiro Fiuza, estivemos elaborando, no Seminario Maior de Vigo, a programación pastoral do curso 2017-2018.

Para presentar dita Programación e as diversas actividades realizaremos, como en anos anteriores, unha serie de encontros en distintas zonas e arciprestados. A eles están invitados todos os membros da comunidade cristiá: os sacerdotes, os membros da vida consagrada, e os segrares. Gustaríanos contar, de maneira moi especial, con aquelas persoas que traballan en ámbitos xuvenís: catequistas, profesores, animadores de tempo libre. E tamén cos xoves que están participando de maneira activa nas parroquias, movementos ou grupos.

As xornadas de presentación estarán presididas polo Bispo, e son unha preciosa oportunidade para expresar a nosa comuñón na acción.

Anímote xa que logo a que participes e invites a participar nas reunións.

Cordialmente,

José Vidal

Vigairo de pastoral

DESCARGAR ENCONTROS DE PRESENTACIÓN

Subir a inicio