O NOSO NOVO BISPO DIXO:

“Dalgún modo estou sentindo compensada a miña pena por abandonar a diocese ourensá, polo afecto con que se que me agardades os meus novos diocesanos”
CComo se sabe, o pasado 28 de xaneiro, a Santa Sé fixo público que o Papa Benedito XVI aceptara a renuncia á Diocese de Tui-Vigo, presentada en razón da súa idade e saúde, por Mons. D. José Diéguez Reboredo. Ese mesmo día o Santo Pai nomeaba un novo Bispo de Tui-Vigo: Mons. D. Luís Quinteiro Fiuza, ata ese momento Bispo de Ourense e que continuará séndoo -aínda que como Administrador Apostólico-, ata que se nomee a quen lle suceda en Orense. Unha vez fíxose público este nomeamento, Monseñor Quinteiro Fiuza compareceu ante os medios de comunicación. Da súa intervención destacamos estes párafos.
Monseñor Luís Quinteiro asegura que desde que coñeceu a noticia vive dous fondos
sentimentos: por unha banda “a dor por separarme desta Diocese de Ourense,
onde me sentín profundamente querido, moi a gusto, e onde me identifiquei,
sinceramente, con esta xente e con esta terra, da que sinto ter que marcharme”,
e por outra banda a fonda alegría de poder quedar en Galicia.
Monseñor Luís Quinteiro destaca que Ourense ten unhas
características particulares, sobre todo no que se refire ao sentimento de
pertenza. “Trátase dunha Igrexa profundamente crente, dunha fe profundísima.
Hai un elemento da espiritualidade desta Diocese que non atopei en ningures, e
trátase da súa dimensión mariana. É unha Diocese cunhas raíces profundísimas de
espiritualidade. Vas a calquera parroquia, a calquera pobo, e atopas un
sentimento profundo de pertenza á Igrexa. Iso experimenteino eu aquí, e sentinme
profundamente acollido alá onde fun; iso non o esquecerei nunca. Non é fácil
atopar unha terra tan fortemente cristiá como esta. Aquí atopei dimensións da
tradición da Igrexa fortemente vivas, e iso convén que non se perda”. Por
outra banda, Monseñor Quinteiro destacaba neste sentido que queda unha Diocese
unida; “isto é unha das experiencias máis bonitas na Igrexa. É moi importante
vivir a comuñón, vivir a unidade.”
En canto á nova etapa que comezará na nosa Diocese de Tui-Vigo,
Monseñor Luís Quinteiro sinalaba que vén “con ilusión, para entregarme a
aquelas xentes, e pídolle a Deus que me axude a vivilo con gran ilusión e
entrega profunda”. Por outra banda na reunión que mantivo en Orense co
Administrador diocesano de Tui-Vigo e o Colexio de Consultores, o pasado 12 de
febreiro, D. Luís reiterou unha vez máis que “dalgún
modo estou sentindo compensada a miña pena por abandonar a diocese ourensá, polo
afecto con que se que me agardades os meus novos diocesanos”
D. JESÚS GAGO É O ADMINISTRADOR DIOCESANO ATA A TOMA DE POSESIÓN DE D. LUÍS QUINTEIRO FIUZA
Ao día seguinte do nomeamento do novo Bispo e, posto que a Nunciatura “descargou
a D. José Diéguez de todas as súas obrigacións como Bispo diocesano”, o Colexio
de Consultores de Tui-Vigo designou ao ata agora Vicario Xeneral, D. Jesús Gago
Branco como Administrador diocesano. O Colexio de Consultores (CC) é un
organismo integrado por oito sacerdotes encargados polos demais para asesorar ao
Bispo nas circunstancias ordinarias e para atender transitoriamente ao goberno
da diocese nas situacións sede vacante.
En diante, D. Jesús Gago co CC, será en consecuencia, quen dirixirá a Diocese ata a toma de posesión do electo novo Bispo de Tui-Vigo. Xa se concretaron algúns pormenores referidos á toma de posesión, que terá lugar na cidade de Tui o día 24 de abril a partir das 16,30. Tamén se decidiu que ao día seguinte (25 de abril) fará a súa presentación na cidade de Vigo, iniciando o seu ministerio na eucaristía das 18 horas, na Concatedral viguesa.
D. Luís Quinteiro desexa que xunto coa adecuada preparación para acoller aos Bispos, autoridades civís e fieis que acudan á súa toma de posesión, leve a cabo en todas as parroquias tamén unha oportuna preparación espiritual, explicando aos fieis o significado do ministerio e servizo episcopal, que el encarnará en Tui-Vigo en diante.