| // NOTICIAS \\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\ |
| OFICINA DE INFORMACIÓN | SERVICIO DE PRENSA |
|
BISPADO DE TUI-VIGO |
Alberto Cuevas | |
| Telf.: 986.411.773 | ||

NA TÚA DECLARACIÓN DA RENDA PON A X A FAVOR
DA IGREXA:
"POR TANTOS QUE NECESITAN TANTO"
O pasado día 1 de abril
abriuse a Campaña da Renda 2007, que finalizará o próximo 30 de xuño. E
como ben se sabe, a partir do 1 de xaneiro do presente ano 2008 a Igrexa en
España recibirá dos contribuíntes, a través do Estado, unicamente o que estes
desexen destinar marcando a casa correspondente nos impresos do IRPF. Ata o
ano pasado, o Estado engadía dos Orzamentos Xerais unha cantidade máis a favor
da Igrexa supondo moi ben que non era bastante o que a Igrexa percibía para
levar a cabo tantas actividades. Así moitas necesidades fóronse cubrindo a
partir dese plus de xenerosidade. Agora se os contribuíntes non marcasen a X,
a Igrexa non percibiría nada.
Por iso é tan importante espertar a conciencia de todos os que se din
católicos e aínda dos que non séndoo, desexan colaborar coa
acción da Igrexa. Levamos xa 10 anos con esta campaña da
“asignación de tributos” a favor da Igrexa. Agora o 0´7% do que xa temos que
contribuír (tamén se a declaración resultase negativa) pode destinarse á
Igrexa católica ou a “outros fins sociais”. Os Bispos incluso, e como o
permite a lei, aconsellan marcar as dúas casillas a favor de ambas opcións,
porque polo visto non son excluíntes: así se axuda á Igrexa e, se se quere,
tamén a outras “oenegués”… Por iso queremos recordar que:
- Os católicos debemos colaborar co sostemento da nosa Igrexa,
pondo a X na declaración, se a facemos persoalmente ou indicando que a poñan,
se quen o fai é unha xestoría ou banco…
- Se pedimos á Axencia Tributaria que nos faga o borrador, non nos porán a
x a favor da Igrexa. Deberemos chamar nós para facer a oportuna modificación:
ben por teléfono chamando ao 901 200 345/901 223344; ou por Internet,
www.agenciatributaria.es, utilizando a clave que nos deron co borrador.
- Para máis información: www.portantos.es