| // NOTICIAS \\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\ |
| OFICINA DE INFORMACIÓN | SERVICIO DE PRENSA |
|
BISPADO DE TUI-VIGO |
Alberto Cuevas | |
| Telf.: 986.411.773 | ||
SEMANA DE APOSTOLADO SEGRAR

Organizada
como cada ano pola Delegación Episcopal de Apostolado Segrar e o Consello
Diocesano de Laicos, ten lugar ao redor da festa de Pentecostés. Este ano
darán as charlas dous matrimonios e falarán do papel dos laicos e a familia na
Igrexa e no mundo. Trátase de Andy e Vicky Bunting Rodríguez, que traballan a
tempo completo nunha comunidade no Reino Unido e de Javier e Montse Rodríguez
González, que viven e traballan en España, son mestres e fundadores da
Comunidade Caná.
Como se ten a pretensión de que os temas e a Semana de
Apostolado Segrar ábrase á maior parte de fieis da xeografía diocesana, por
iso elixíronse lugares aos que se poida acceder con facilidade desde o norte,
o sur e o centro da diocese. Así se programaron tres charlas: o mércores
día 7, ás 20 horas, no Auditorio do Concello de Gondomar; o xoves, día 8, ás
20,30 no salón Parroquial de Redondela e o venres, día 9, ás 20 horas
no Salón Parroquial de Santiago de Vigo (Galerías fronte ao templo).
Será fundamental que desde as parroquias de cada zona as persoas e os grupos
mobilícense para lograr un cheo na charla a eles destinada. A experiencia
podería repetirse noutras Delegacións e para iso é primordial apoiar esta
estupenda iniciativa. Ás 8 da tarde do sábado 10 de maio na viguesa parroquia
do Carme celebraremos a Vixilia de Pentecostés.
DÍA DA ACCIÓN CATÓLICA
Con motivo do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar que se celebra o vindeiro domingo, día de Pentecostés, e como complemento á Semana de Apostolado Segar , a Coordinadora Diocesana de Acción Católica organiza unha charla-coloquio titulada "Retos para os laicos, a nova Acción Católica". A charla celebrarase HOXE, martes 6 de maio, a partir das 8 da tarde no salón Parroquial do Sagrado Corazón (rúa Rosalía de Castro) en Vigo, intervindo como relator Pablo Bo da Acción católica de Santiago de Compostela. Todos os membros da Acción Católica e os que queirades coñecer un pouco máis este movemento estades invitados.
ASEMBLEA DIOCESANA DE CATEQUISTAS
O sábado día 10 de maio, a partir das 10 da mañá, terá lugar no Seminario Maior (Vigo) a Asemblea diocesana, á que se invita a todos os catequistas que queiran participar. É unha ocasión de coñecerse, animarse e compartir experiencias. Tamén se fará a presentación do renovado Catecismo da iniciación cristiá “Xesús é o Señor”. As sesións terminan pola mañá.