17/06/2021

,

San Alberto Chmielowski
17/06/2021

,

San Alberto Chmielowski

Boa Pascua. Nova creación

Boa Pascua. Nova creación

E Deus rompeu o silencio e  dixo: “Fágase a luz”
E xurdiu a luz nova, rompeu a noite e a escuridade.
A luz fíxose día e agarima con dozura os cabelos do mundo.
A luz foi amencida dun espertar sereno de paz.
A luz resplandece e non se detén, non se atrapa nin se esconde.

E Deus rompeu o silencio e dixo: “Abrolle auga”
E as veas na terra abriron mananciais,
e o frescor e a limpeza regaron o mundo.
Xa non hai sede, nin impurezas,
xa non hai secura, nada que murche.
E a vida florece e o corazón é torrente
que salta ata a vida eterna.

E Deus rompeu o silencio e dixo: “Haxa froito”
E a semente foi agromando en herba verde
e o espiga fíxose ouro de alimento.
E xa non hai máis fame, pois Deus faise pan
e fartura para quen pon a man suplicante.

E Deus rompeu o silencio e dixo: “Haxa paz e ledicia”
E a morte fuxiu tremente, xa non ten cabida.
Xa o Espírito alenta, e nada volve a ser o de antes.

E Deus pronunciou  teu nome, e chámate fillo/a
e xa non hai tebras, todo é luz;
xa non hai sede, todo é frescura;
xa non hai fame, todo é fartura;
xa non hai medos, todo é paz;
xa non hai morte, todo é vida.

Cristo resucita, luz, auga, alimento e vento
Feliz Pascua

Xabier Alonso

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp