Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM.
Venres 16 de febreiro de 2024 | Do 14 ao 19 de febreiro, a Conferencia Episcopal Española celebra a «Semana do matrimonio», baixo o lema «Forever match, un amor para sempre». Unha campaña á que tamén se sumou a delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo e organizou un «roteiro romántico» no Porriño. Hoxe, coñeceremos a Belén e Santi, que nos contarán a súa experiencia como matrimonio e tamén o que significou para eles participar no «roteiro romántico» do pasado ano.
Música: Polvo soy — Paola Pablo.