Mons. D. Antonio Valín Valdés, bispo de Tui – Vigo, está a participar na 129ª Asemblea Plenaria dos bispos que se realiza en Madrid do 20 ao 24 de abril.
Ao longo destes días os bispos da Asemblea Plenaria recibirán información sobre os traballos de organización da visita do Papa León a España, que terá lugar entre o 6 e o 12 de xuño. Fernando Giménez Barriocanal, que xunto a Yago de la Cierva, é responsable da comisión nacional para esta viaxe, dará conta destes traballos.
Por outra banda, os bispos españois van recibir da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, presidida por Mons. Conesa, a información sobre a Nota doutrinal Cor ad cor loquitur (O corazón fala ao corazón), aprobada pola Comisión Permanente, na súa reunión de xaneiro.
O Servizo de Coordinación e Asesoramento das Oficinas para a Protección de Menores presentará á Plenaria as actividades de prevención e formación realizada polas Oficinas de Protección de Menores durante 2025.
Tamén se presentarán as propostas de cursos da Escola de Verán da Conferencia Episcopal e darase a información pertinente sobre a súa estrutura e organización.
Documentos e propostas das Comisións Episcopais e outros órganos da CEE.
A Comisión Episcopal para a Evangelización, Catequese e Catecumenado vai presentar unha reflexión sobre os Ministerios laicais instituidos (Lector, acólito e catequista).
A Comisión Episcopal para a Liturxia, dará a súa información sobre o proceso de revisión da tradución da Terceira edición típica do Misal Romano en español. Tamén sobre os traballos para a actualización da Liturxia das Horas que se están levando a cabo, e sobre a tradución dos textos litúrxicos da memoria libre de S. Juan Enrique Newman, estes para a súa aprobación.
O bispo referente da CEE para o Sínodo, Mons. Conesa, informará sobre os traballos da fase actual do Sínodo.
Para rematar, o Secretariado para o Sostemento da Igrexa informará sobre a nova campaña de subscricións para as parroquias e os resultados do estudo sociolóxico sobre a imaxe da Igrexa.